I Foro de Turismo e Sostibilidade A Mariña Lucense (1/10/2025)

 

O vindeiro 1 de outubro, o salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá o primeiro Foro de Turismo e Sostibilidade da Mariña Lucense, un espazo de reflexión e encontro para falar sobre os retos do desenvolvemento turístico e a importancia de avanzar cara a un modelo máis sostible.  

O evento, aberto a profesionais, entidades públicas, negocios locais e veciñanza, forma parte do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña  -financiado entre a Mancomunidade de Concellos da Mariña, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo- e contará con voces expertas do sector que achegarán unha visión diversa sobre como avanzar cara a un modelo turístico máis respectuoso, integrador e de calidade.

Entre as persoas convidadas estarán especialistas en economía circular, xestión territorial, turismo gastronómico ou planificación estratéxica, xunto con representantes locais.

O obxectivo: compartir experiencias, detectar tendencias globais e debuxar o futuro do turismo na Mariña.

A participación é gratuíta, con inscrición a través da seguinte ligazón

 

 

PROGRAMA

9:00-9:15h: Recepción e acreditación de participantes

9:15-9:30h: Inauguración oficial

BLOQUE 1. É posible un turismo sostible?

9:30-10:05h: David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico do Basque Culinary Center.

BLOQUE 2. Perspectivas

10:15-10:50h: A perspectiva do territorio

Alfonso Bertrán, arquitecto da Fundación RIA

11:00-11:35h: A perspectiva dos destinos turísticos

Mancomunidad de Urola Kosta (Gipuzkoa)

11:45-12:30h: Pausa café. Colectivo de Gastronomía da Mariña

12:30-13:05. A perspectiva das empresas

Patricia Dueñas. Experta en sostibilidade e economía circular. Circle Economy e Grupo Iberostar

13:05-14:15h: Mesa redonda

13:05-13:20h: É posible un turismo sostible?

Introdución a cargo de Iñaki Gaztelumendi, consultor estratéxico no sector turístico e asesor de ONU Turismo

13:20-14:15h: Turismo sostible

Modera: Iñaki Gaztelumendi

Interveñen:

  • David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico del Basque Culinary Center
  • Alfonso Bertrán, arquitecto da Fundación RIA
  • Patricia Dueñas, Experta en sostibilidade e economía circular
  • Representante Mancomunidade Urola Costa
  • Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.
  • José Manuel Villapol representante na Mesa de Calidade do SICTED na Mariña xerente do hotel rural Finca Goleta-Foz.
  • Pepe Peinó, coordinador do programa Mariña Marabillosa