Museo da Imprenta
A través deste museo, pódese realizar un percorrido pola historia da imprenta dende os seus orixes ata o día de hoxe.
A imprenta é un sello de identidade da vila de Mondoñedo, cidade ligada á cultura escrita ó largo da súa historia. Nace coa publicación do primeiro libro en 1495 e alcanza o seu momento culmen nos séculos XIX e XX coa imprenta Mancebo.
Situado na Casa dos Coengos, conta con dúas temáticas diferenciadas dentro dun mesmo espazo. A primeira mostra as orixes da imprenta dentro da cidade en particular e tamén en Galicia, facendo un repaso pola historia deste arte.
A segunda, céntrase no oficio do impresor cunha selección de máquinas de imprimir, tipografías, guillotinas e outros instrumentos. Tamén se exponen exemplares de obras impresas na vila durante o siglo XIX. Un impresionante legado que fai un repaso pola cultura escrita de Mondoñedo.