Forno de Boulloso

 
Otro patrimonio histórico

O forno de Boulloso é un máis dos elementos recuperados da  importante infraestrutura mineira que definiu a vida económica e social da comarca de A Pontenova.

Este forno, xunto cos máis destacados de Vilaoudriz, estaban destinados a calcinar o mineral extraído en distintas minas da comarca. Así, despois de saír do forno, quedaban separados os restos sulfurosos, destinados a elaborar fertilizantes, do ferro de calidade que era exportado desde Ribadeo a Alemaña e Reino Unido.

A mina e o forno de Boulloso foron os que se puxeron máis tarde en explotación e funcionamento, desde principios do século XX até a década dos anos 50.

As minas, os fornos de calcinación, as vías férreas cara Ribadeo coas súas pontes e túneles agora recuperados en parte para sendeirismo…forman parte destacada do patrimonio histórico da Mariña Lucense.