Complexo histórico e recreativo das Minas Consuelo e Boulloso - Tirolina das minas
Espazo ideal para os amantes do turismo activo e recreativo vinculado á natureza, onde poderás coñecer a singular paisaxe dun territorio modulado pola actividade mineira e, entre outras propostas, acceder ao interior dunha cavidade ou deslizarte por unha tirolesa de 300 metros.
O complexo histórico e recreativo das Minas Consolo e Boulloso, coñecido tamén como "Tirolina das Minas", converteuse nun espazo de referencia do xeoturismo e da actividade deportiva e recreativa na contorna natural. Unha proposta integral, que pon en valor o legado dunha actividade económica xa esgotada, pero que revolucionou a historia do municipio da Pontenova coa explotación do ferro por parte da Sociedade Mineira Vilaodrid durante gran parte do século XX.
O recurso estrela do complexo é Mina Consuelo, única galería mineira aberta de Galicia á que se ofrecen visitas. Percorridos guiados por expertos que nos convidan a coñecer o valor histórico e xeolóxico deste patrimonio.
Outro gran atractivo é a tirolesa xigante que recrea o antigo funicular aéro que transportaba o mineral de ferro ata o Forno de Boulloso. Ten un percorrido de 300 metros e unha altura de ata 80 metros desde o chan.
A visita conxunta coñécese como "Ruta dos fornos". Ten unha duración aproximada de dúas horas e media e inclúe o acceso a Mina Consuelo e o descenso en tirolesa. A súa versión "plus" incorpora o acceso ao nivel -1 da cova, neste caso con equipamento completo de espeleoloxía.
Podes gozar tamén doutras propostas na zona como paseos de iniciación e descenso en canoas, alugueiro de bicis e cuadriciclos, practirar sendeirismo polas variadas propostas que ofrece a contorna, visitar os Fornos da Pontenova, etc.
Recomendacións:
- O uso da tirolina está limitado a persoas de entre 50 e 110 kg de peso.