Experiencias de Outono

 

O outono é unha época do ano fantástica para organizar unha fin de semana ou escapada á Mariña Lucense

Temperaturas suaves, a tranquilidade propia desta estación e a natureza nun dos seus momentos de maior esplendor son algunhas das cousas que fan que estos meses sexan un bo momento para explorar o noso destino. Ademáis, e para encher de motivos a túa escapada, dende a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa axuda de distintas administracións, organizamos diferentes programas para que podas desfrutar este outono con nós:

A Mariña en Ruta, que te convida a coñecer o territorio a través dun programa de rutas e actividades guiadas a pé no que o entorno natural, a historia, a etnografía e a arqueoloxía dos diferentes concellos da Mariña Lucense son os protagonistas ata o 26 de novembro.

Máis información e reservas na imaxe de abaixo

Experiencias de Turismo Slow, son seis propostas relacionadas co benestar e a natureza que se desenvolverán do 22 de outubro ata o 12 de novembro nos territorios da Mariña Lucense e Ferrolterra-Rías Altas que de xeito conxunto conforman o proxecto Turismo Slow Norte de Galicia.

Na Mariña Lucense contas con:

 Do 28 ao 30 de outubro un obradoiro de fotografía creativa e slow con base no Hotel Rías Altas, en Barreiros e da man de Xaora Fotógrafos.

 Do 4 ao 6 de novembro na casa rural Os Tres Teixos, en Foz, un programa de crecemento persoal da man de Ana Saiz, psicóloga, acompañante emocional, terapeuta e escritora.

Máis información e reservas na imaxe de abaixo

E para máis detalles sobre A Mariña Lucense animámoste a que te somerxas na nosa guía turística!