A Mariña en Ruta 2022

 

O proxecto "A Mariña en Ruta", promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, convida a coñecer o territorio durante os meses de outubro e novembro a través dun programa de rutas guiadas a pé no que o entorno natural, a historia, a etnografía e a arqueoloxía dos diferentes concellos da Mariña Lucense son os protagonistas.

Unha opción que se presenta como unha oportunidade para vivir unha experiencia da man de guías locais e experimentados no territorio. Descubrir os lugares que poden ser máis descoñecidos e que gañan un brillo especial coa chegada do outono aportando unha esencia diferente ao percorrido. 

Nesta pasada edición de outono do 2022, percorrimos diferentes paisaxes culturais da Mariña Lucense, que nos permitiron coñecer o seu pasado industrial e mineiro, o seu patrimonio histórico e relixioso, asentamentos e historias doutras épocas e outros pobos, así como coñecer de primeira man a súa flora, fauna e diferentes ecosistemas marítimos, costeiros así como os seus bosques e fragas.

Unha edición que se estreou o 8 de outubro e tivo lugar os sábados e días festivos dos meses de outubro e novembro. 

Mapa Mariña LucenseVer mapa interactivo

Mapa das diferentes rutas e actividades