Elaboracións gastronómicas da Mariña Lucense

 

Cultura e alimento únense na gastronomía e A Mariña Lucense é diversidade cultural no prato

A cultura gastronómica da Mariña Lucense comeza nos fogóns das nosas casas.Casas de comidas abertas ao público e respaldadas polas verdadeiras mensaxeiras da tradición, as mulleres que atendían a horta e a cociña a partes iguais.

Mulleres mensaxeiras de saber e sabor

Conocedoras do esforzo de quen produce os alimentos e valedoras da creatividade necesaria para alimentar á familia, elas construiron a nosa gastronomía mais tradicional.

E que sorte ter entre os nosos veciños ao recoñecido e prolífico escritor mindoniense  Álvaro Cunqueiro. Quen na súa extensa obra literaria entre o mundo real e  imaxinario aparece de forma reiterada a diversa e extraordinaria gastronomía de A Mariña.

Ademais,  a nosa comarca destaca por postres artesáns con orixe en recetas mediabais e de recoñecido prestixio, como a “tarta de Mondoñedo” que tamén se elabora noutros municipios de A Mariña. Trátase dunha deliciosa tarta que se elabora con almendras crudas, cabelo de anxo e froitas escarchadas como figos e cereixas.

Outro postre artesán, típico de varios municipios da Mariña, son as “colinetas” unha especie de pequeno biscoito elaborado sen fariña, só con ovos, azúcre e améndoas moídas, cuxa receita xa aparece recollida en 1905 no libro La Cocina práctica de Picadillo.

Se ben é certo que as elaboracións tradicionais marcan as propuestas gastronómicas, tamén se poden atopar apostas máis atrevidas en moitos dos restaurantes da Mariña Lucense. Para comprar ou degustar, déixate guiar pola propia poboación local, os mellores anfitrións e conselleiros.

Nas nosas redes sociais e canal de Youtube podes visualizar algunhas das receitas que os nosos hosteleiros tenen preparadas a base de produto local para o teu próximo viaxe por A Mariña Lucense.