Eixo 5: Produto, Marketing e Intelixencia Turística

 

Composto por actuacións encamiñadas a promocionar e comercializar o destino dunha forma responsable, aumentar a rendibilidade da actividade turística, o nivel socioeconómico e mellorar o equilibrio territorial para axudar a combater a perda de poboación no medio rural.

 

Actuacións:

5.1. Promoción do destino e produtos turísticos en base a unha estratexia de márketing e comunicación:

  Accións de promoción en liña e offline, feiras, eventos, soportes promocionais -folletos, audiovisual etc.-: seguindo o Plan de Comunicación co que contaba o destino, durante o ano 2022 e 2023, mentres non se elaboraba a Estratexia e Plan Operativo de Marketing Turístico da Mariña no contexto deste plan, leváronse a cabo unha serie de accións de promoción xerais sobre os atractivos turísticos da Mariña Lucense co obxectivo da desestacionalización e a redistribución de fluxos.

Estas accións tiveron que ver con artigos en prensa especializada, a campaña “Descobre A Mariña. Vive o Norte de Galicia”, a presentación en feiras como FITUR, publicidade dixital (medios xeneralistas e especializados, RRSS, pantallas en oficinas de Correos de público obxectivo) e impresa, a edición especial para feiras e fam–trips da guía turística “A Mariña Lucense ao descuberto” ou a tradución, edición e impresión ao inglés e francés, entre outras.

Estado: executado durante 2022 e 2023.

 Deseño da Estratexia e Plan Operativo de Marketing Turístico para A Mariña Lucense: abordouse esta acción co fin de contar cunha estratexia de márketing a medio/longo prazo, e un plan operativo que permita optimizar os investimentos dos próximos anos no contexto deste plan dando o marco de referencia adecuado ao desenvolvemento e promoción dos diferentes produtos turísticos con especial fincapé no posicionamento e definición da marca turística da Mariña.

Estado: executado desde xuño de 2023.

Respecto á Estratexia e Plan Operativo de Marketing Turístico para A Mariña Lucense:

  • Levouse a cabo o deseño dunha nova marca turística e de territorio, o seu relato e manual de aplicación que leva por lema “A Mariña, Galicia de corazón” que, de forma resumida, busca fortalecer o protagonismo turístico da Mariña dentro da comunidade autónoma reforzando a imaxe de destino sostible e cun ritmo e identidade propia e singular.

           Estado: executado en 2023 e 2024.

  • Cuestións que se plasman noutro dos traballos desenvolvidos con gravacións e vídeos da marca–relato baixo os títulos “A Mariña, Galicia de corazón” e “A Mariña. Toma o teu tempo”.

           Estado: executado desde xaneiro de 2024.

  • Ou no evento de presentación da nova marca de territorio e turística que tivo lugar en Mondoñedo o 15 de xaneiro de 2024 e posteriormente en Fitur. Todo iso reforzado con merchandising e folletos promocionais e informativos do destino adaptados á nova identidade.

           Estado: executado desde xaneiro de 2024.

  • Campaña de promoción "A Mariña. Toma o teu tiempo" en medios on line e off line durante a primavera e o outono de 2024 con adaptacións gráficas e audiovisuais.

           Estado: en execución desde maio de 2024.

 Dentro desta liña e da licitación para o contrato de servizos de asesoría e asistencia técnica en materia de promoción e comunicación están contempladas actuacións tales como:

  • Deseño, contido e impresión de folletos promocionais: propostas de deseño e contido para novo material vinculado á marca e estratexia de posicionamento e impresión como a guía do destino ou material vinculado ao turismo ornitolóxico e xeolóxico.

 

           Estado: en execución desde decembro de 2024.

  • Plan de activación da nova marca turística da Mariña: o destino non só precisa dunha estratexia de identidade visual -que xa foi acometida-, senón tamén, un plan de activación para difundir a nova marca turística e de territorio do destino impulsando o coñecemento e a participación dos consumidores. Para iso, valorase unha acción que supere a publicidade tradicional, un plan de acción 360º aliñado coa estratexia competitiva, conformado por eventos especiais que fomenten a conexión emocional e o engagement da audiencia coa marca.

           Estado: pendente execución.

5.2. Plan de comercialización do destino e produtos turísticos sostibles:

 Dentro desta liña contratouse un asesoramento para a comercialización do destino A Mariña Lucense respecto aos produtos existentes e en desenvolvemento vinculados ao turismo deportivo e de natureza incluíndo o análise-diagnóstico sobre a comercialización do destino, o asesoramento sobre aspectos relacionados coa configuración de produtos e a súa comercialización detectando factores que poidan resultar limitantes e propostas de mellora.

Estado: executado desde abril de 2023.

Está prevista dentro da licitación para o contrato de servizos de asesoría e asistencia técnica en materia de promoción e comunicación a confección dun manual de ventas profesional para acordos e accións de co-márketing con turoperadores, DMC’s e OTA’s, así como fam e press-trips.