Cociñando A Mariña Lucense

 

Iniciativa para por en valor e descubrir a riqueza gastronómica da Mariña Lucense

O medio natural da Mariña Lucense asombra cunha costa brava aberta ao Mar Cantábrico, que a xente do lugar soubo aproveitar dende tempos inmemoriais para desfrutar de peixes e mariscos excepcionais. Altas montañas, vales amplos e profundos completan a paisaxe do interior, ofrecendo a posibilidade de aumenar a variedade gastronómica con carnes, verduras, hortalizas, froitos…todos eles de excelente calidade e proximidade.

Cociñando A Mariña Lucense é unha iniciativa ecogastronómica novidosa que puxo en marcha a finais do ano 2020 a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración da Federación de Comercio da Mariña (FCAM), coa que dar a coñecer os produtores e alimentos da Mariña Lucense, onde a hostalería cociñou os produtos do territorio a través de vídeo-receitas e convidamos a participar á cidadanía nun concurso de receitas de gastronomía local mariñá.

A aposta pola “Ecogastronomía” como pilar de desenvolvemento gastronómico, ten por obxectivo reactivar a producción agroalimentaria dende a perspectiva da biodiversidade local e aproducción sostible, promovendo accións que poñan en valor os nosos recursos gastronómicos para contribuir na consolidación dun turismo sostible.

Como?

Con esta iniciativa quíxose contribuir a dar visibilidade aos produtores e produtos agroalimentarios, para iso, mais abaixo nesta páxina, podes acceder aos apartados Produtores e Alimentosdescargar unha Guía de Produtores da Mariña Lucense e coñecer algún dos produtos que se dan nesta rica comarca. Tamén, dende finais de setembro a mediados de outubro do 2020 estivemos dando a coñecer a todos eles nas nosas redes sociais a través dunha campaña específica.

Ademais, invitamos á hostalería local a que realizaran as súas propias vídeo-receitas cociñando elaboracións con produtos da Mariña Lucense. Podes ver os seus ricos pratos no noso canal de Youtube.

E por último, puxemos en marcha un concurso...

Do que saíron os seguintes gañadores! 

  1º premio, fin de semana no Hotel Rías Altas de Barreiros para dúas persoas para vivir unha experiencia de turismo slow): “Taco Teresa” de María del Carmen Rey Mayo de Mazaricos (A Coruña).

​​​​​​​  2º premio, Ruta da Faba de Lourenzá, unha experiencia turística completa que combina arte, natureza, gastronomía e cultura local: “A Bocados” do Centro de Día A Concordia de Ribadeo.

Noraboa!

 Podes ver os vídeos gañadores tamén no canal de Youtube.

Cociñando A Mariña Lucense agarda ademais ser unha fonte de inspiración para a túa próxima escapada gastronómica pola Mariña Lucense