Cociñando A Mariña Lucense

 

Descubrindo, coñecendo, aprendendo e participando un novo cociñar.

O medio natural da Mariña Lucense asombra cunha costa brava aberta ao Mar Cantábrico, que a xente do lugar soubo aproveitar dende tempos inmemoriais para desfrutar de peixes e mariscos excepcionais. Altas montañas, vales amplos e profundos completan a paisaxe do interior, ofrecendo a posibilidade de aumenar a variedade gastronómica con carnes, verduras, hortalizas, froitos…todos eles de excelente calidade e proximidade.

Cociñando A Mariña Lucense é unha iniciativa ecogastronómica novidosa coa que dar a coñecer os produtores e alimentos da Mariña Lucense, onde a hostalería cociña os produtos da comarca a través de vídeo-receitas e convidamos a participar á cidadanía nun concurso de receitas de gastronomía local mariñá.

A aposta pola “Ecogastronomía” como pilar de desenvolvemento gastronómico, ten por obxectivo reactivar a producción agroalimentaria dende a perspectiva da biodiversidade local e aproducción sostible, promovendo accións que poñan en valor os nosos recursos gastronómicos para contribuir na consolidación dun turismo sostible.

Cómo?

Con esta iniciativa queremos contribuir a dar visibilidade aos produtores e produtos agroalimentarios, para iso, mais abaixo nesta páxina, podes acceder aos apartados Produtores e Alimentos, onde poñerlles cara e descargar próximamente unha Guía de Produtores da Mariña Lucense e coñecer algún dos produtos que se dan nesta rica comarca. Tamén, dende finais de setembro a mediados de outubro estivemos dando a coñecer a todos eles nas nosas redes sociais. Para non perderte nada, recomendámosche que nos sigas en Facebook, Instagram ou Twitter.

Ademais, invitamos á hostalería local a que realicen as súas propias vídeo-receitas cociñando elaboracións con produtos da Mariña Lucense. Poderás ollar en moi poucos días as súas elaboracións nas nosas redes sociais e canal de Youtube.

Cociñando A Mariña Lucense agarda tamén ser unha fonte de inspiración para a túa próxima escapada gastronómica pola Mariña Lucense

E por último, participa no concurso que acabamos de poñer en marcha!

Bases concurso Cociñando A Mariña Lucense

Descarga as bases legais do concurso aquí.