Casa Museo de Álvaro Cunqueiro

Mondoñedo
 
Museo

Este espazo museográfico está dedicado a quen foi un dos grandes autores do século XX, tanto en lingua galega como en castelán. A súa obra caracterízase polos brillantes alardes fantasiosos e fabuladores.

A Casa-Museo está situada no número 13 da Praza da Catedral de Mondoñedo, no Cantón Grande.

 

A este edificio de tres andares mudaranse os tres irmáns  - Pepe, Álvaro e Carmen - anos despois do pasamento de seu pai, desde a vivenda da Fonte Vella. 

Despois dun tempo residindo  en Santiago de Compostela, o escritor establecerá a súa residencia permanente nesta casa, desde o 1949 ata o 1962.

 

Aquí verán a luz  algunhas das súas obras máis coñecidas, entre elas 'Merlín e familia' (1955),' As crónicas do Sochantre' (1956), 'As mocidades de Ulises'  ou 'Escola de menciñeiros' (ambas as dúas de 1960).

O baixo da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, á que se accede desde os soportais do chamado Cantón Grande, acolle a recepción dos visitantes, un punto de información turística e un establecemento de restauración.

No primeiro andar atopamos, cara a praza a  "sala sensorial", e a cociña do restaurante.

O segundo andar do edificio acolle a sala dedicada a explicar a obra literaria de Cunqueiro, tanto da súa faceta poética como das súas creacións máis emblemáticas como narrador ou dramaturgo. Outra parte a ocupa o comedor do restaurante, que se comunica coa antiga horta do escritor.

O derradeiro andar achéganos á  vida privada do autor no tempo que  viviu nesta casa ata que se mudou a Vigo.

Praza da Catedral, 13
27740 Mondoñedo -
982 507 313
Martes a domingo: 10:00 -14:00/ 16:00 -19:00
Lunes: pechado
Entrada xeral: 1€
Servizos
Cafetería
Aparcamento
WC