Casa de Jaime Mariño
Inmoble construído nos anos 20 por José Vizoso e situado no núcleo de Ourol. Trátase dunha construción rectangular de dúas plantas e un baixoocuberta con bufarda sobre a cornixa principal. Non difire dos modelos residenciais autóctonos.
Data de construción: Anos 20
Estilo arquitectónico: Eclecticismo.
O inmoble foi construído nos anos 20 por José Vizoso. Insire no núcleo de Ourol a ela anteponse un peche de formigón de xenerosa altura sobre o que se dispón unha espléndida celosía que debuxa motivos florais. O feito de divisar a vivenda desde unha cota inferior proporciona unha perspectiva que engrandece as dimensións do inmoble.
Esta vivenda non difire dos modelos residenciais autóctonos, xa que se trata dunha construción rectangular de dúas plantas e unha baixo cuberta aproveitable grazas a unha bufarda que se erixe sobre a cornixa da fachada principal.
Na primeira planta proliferan os corpos acristalados que se dispoñen en tres dos cinco vans, pechándose os dous restantes con cada seus balcóns balaustrados. Estes pequenos miradoiros convértense nos protagonistas da composición, xa que os seu tres panos de vidro enmárcanse con madeira profusamente tallada.
Coroa esta fachada unha cornixa de pedra sobre a que se dispoñen pequenos pináculos apuntados. Destacan as carpintarías, nas que se concentra a parte decorativa: o tres vans que forman cada un dos miradoiros sepáranse mediante maineles tallados que enlazan cos motivos florais que se prodigan nos petos e a cornixa. O miradoiro central aparece presidido por un relevo no que se mostra un rostro feminino enmarcado nunha coroa floral.
A fachada lateral dereita asoma a unha gran galería que descansa sobre unha construción destinada a garaxe.