Audioguía ficcionada de Mondoñedo

 
Audioguía ficcionada

Mondoñedo e familia

Un paseo emocionante pola cidade de Cunqueiro

Descargar audioguía GalegoDescargar audioguía CastellanoDownload audioguide EnglishTéléchargez Audioguide Français

Coa figura do universal escritor Álvaro Cunqueiro Mora como fío condutor, este paseo ofréceche unha oportunidade para entrares no ambiente místico e cultural que caracteriza a Mondoñedo e percorrer os seus espazos máis emblemáticos.

Rula será a guía que te conducirá dende o Antigo Consistorio (Oficina de Turismo) ata o Cemiterio Vello de Mondoñedo, a través dun relato novelado, documental e testemuñal, no que coñecerás as voces de varios mindonienses que comparten os seus recordos sobre o xenial escritor. Alicia, que coñeceu dende nena a Álvaro; Remedios, filla do Pallarego; José María, xornalista e coñecedor de mil historias; Ángel, veciño namorado da obra de Cunqueiro, ou Fernando, que traballou toda a súa vida na imprenta de Sucesores de Mancebo, onde o autor escribía os seus artigos de prensa. Ademais de Cunqueiro, hai alusións a outros personaxes locais.

Duración: 47 minutos

Clica na imaxe inferior para ampliar o mapa co percorrido da audioguía

En todo momento, a través dos diferentes relatos, irás recibindo indicacións por onde debes ir. Por iso, unha vez conectado o son non se debe interromper e terás que apagalo só ao chegar ao final. Recomendámosche que encendas o audio e te deixes levar pola historia única e diferente destes lugares. Para evitar indicentes é moi importante que realices paradas en lugares seguros e que teñas coidado co tránsito rodado ao camiñar. Agardamos que disfrutes da experiencia!

En Mondoñedo, antes ou despois de facer a audioguía, podes visitar a Casa Museo de Álvaro Cunqueiro (CMAC), situada na Praza da Catedral.