Audioguía ficcionada de Lourenzá

 
Audioguía ficcionada

Vilanova de Lourenzá. Paisaxes da memoria

Fernández del Riego descóbrenos os rincóns dunha nenez feliz

Descargar audioguía GalegoDescargar audioguía Castellano Download audioguide English Téléchargez Audioguide Français

Esta visita proponche un paseo polas rúas de Vilanova de Lourenzá, para coñeceres as historias que se foron tecendo nela dende o século X, cando o "Conde Santo" fundou o Mosterio de San Salvador.

O guía desta viaxe será o intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego - personaxe clave para entender o desenvolvemento da cultura galega no século XX - nado en Lourenzá e que viviu os anos da súa nenez na casa familiar da Praza de Linares Rivas, asistindo á escola do vello edificio do mosteiro e gozando de cada recuncho da vila. Botando man da súa memoria, ha axudarche a coñecelos tamén, pasando pola Igrexa de Santa María, os claustros do Mosteiro, o Cantón, o Principal Cinema, o muíño dende o que marchou á emigración o pai da poeta uruguaia Juana de Ibarbourou, a Ponte de Pedra, a rúa principal co seu comercio ou o lugar onde foi emboscado o guerrillero antifranquista "O Gardarríos". 

Duración: 38 minutos.

Clica na imaxe inferior para ampliar o mapa co percorrido da audioguía

Para ter en conta: a Oficina de Turismo sitúase no "Centro de Interpretación da faba", espacio ideal para coñecer mellor a "Faba de Lourenzá", un dos produtos estrela da horta de A Mariña Lucense.

En todo momento, a través dos diferentes relatos, irás recibindo indicacións por onde debes ir. Por iso, unha vez conectado o son non se debe interromper e terás que apagalo só ao chegar ao final. Recomendámosche que encendas o audio e te deixes levar pola historia única e diferente destes lugares. Para evitar indicentes é moi importante que realices paradas en lugares seguros e que teñas coidado co tránsito rodado ao camiñar. Agardamos que disfrutes da experiencia!