Antigas escolas de Merille

 
Patrimonio indiano

A sociedade “Vivero y su comarca” -fundada en 1915 e promotora desta Escola de ensino primario- centrou a súa atención na educación e deixou unha profunda pegada en Ourol da cal son testemuñas os numerosos edificios que aínda hoxe consérvanse nalgunhas parroquias e que custodian entre as súas paredes a ilusión dunha xeración por aprender, educarse e prosperar.

Data de Fundación: 1915 - Sociedade promotora: Viveiro y su Comarca

Edificación: Escola de ensinanza primaria. Uso actual: Centro Social

A sociedade “Vivero y su comarca” centrou a súa atención na educación e deixou unha profunda pegada en Ourol da cal son testemuñas os numerosos edificios que aínda hoxe se conservan nalgunhas parroquias e que custodian entre as súas paredes a ilusión dunha xeración por aprender, educarse e prosperar.

Fundada en 1910 por un grupo de emigrantes de Viveiro en Cuba, a principal finalidade da sociedade era a de fomentar a educación e a instrución das novas xeracións da comarca, actuando nos concellos de Muras, Ourol, Riobarba, Xove, Cervo e Viveiro. “A principal preocupación era a educación; eles pasárono moi mal na emigración debido aos escasos coñecementos adquiridos e non querían que os nenos e nenas do seu país sufrisen o que eles sufriron; querían que se defendesen o mellor posible e para eles a educación era algo fundamental relata Aurora Gato”, emigrante en Cuba que coñeceu de primeira man o labor deste organismo naquela illa, xa que o seu irmán colaboraba coa sociedade.