Vila Esteveri
Vivenda construída en 1928 de estilo decorativista da casa autóctona. A estrutura consta de planta baixa, alta e baixocuberta con fachada principal que responde ao canon clásico de tres ocos por planta, xanelas abaixo e balcóns arriba.
Data de construción: 1928
Estilo arquitectónico: Versión decorativa da casa autóctona.
Construída en 1928, trátase dun edificio de planta baixa, alta e baixo cuberta. A fachada principal responde ao canon clásico de tres ocos por planta, xanelas abaixo, balcóns arriba. O volume baixo cuberta está representado por unha bufarda que chega ao pano da fachada. Destaca a entrada entre dúas pseudopilastras de esquemático orde xónico, os voluminosos recercados das xanelas do baixo, as balaustradas, a cornixa sostida por abundantes ménsulas e o abigarrado fronte-frontón da bufarda. Todo dentro do máis puro estilo ecléctico de corenta anos antes da construción. Destaca tamén a galería nun lateral da vivenda.