Un gardalentes moi persoal
Neste obradoiro descubrirás a fascinante técnica artesanal da confección en coiro. Guiados polos profesionais de Raíces Nómadas, as persoas participantes familiarizaranse cos segredos do deseño en coiro para crear unha funda de lentes completamente personalizada.
Aprenderás a traballar con coiro de alta calidade, e mergullaraste no proceso completo de confección, desde o corte ata os detalles finais, como o broche e o acabado dos bordos. Unha experiencia única na que reivindicamos o valor da materia prima e o traballo manual que fai de cada peza algo especial e auténtico.
Hora de inicio: 17:00 horas - Duración estimada: 2 horas
Anímate a participar! Se buscas unha experiencia artesanal exclusiva e diferente, non perdas a oportunidade de crear a túa propia peza personalizada. Apúntate xa para garantir a túa praza!