Navallas J.Rodil

A Pontenova (Lugo)
 
Ferrería

Navallas J. Rodil, na Pontenova, é a terceira xeración de artesáns que traballan a fundición do ferro, respectando a tradición local, tal e como o facían os seus antepasados. Utilizando o lume das forxas de carbón, o yunque, os mazos e o martelo, crea ferramentas cortantes como navallas e coitelos.

Dentro do taller poderemos ver as ferramentas do oficio, na súa maioría confeccionadas por el mesmo, e adquirir algúns dos obxectos feitos a man. A historia desta localidade está moi ligada á ferrería e a minería do ferro. Rodil mantén vivo este oficio que antigamente era o modo de vida de moitas familias da zona.

Muruais, 5
A Pontenova - Lugo
648 115 385
Visitas con cita previa; reservar con antelación.
Visita individual: 6€/persoa/taller. Grupos: 25€/grupo (entre 5 e 10 persoas).