Praia de Esteiro
Praia
Ampla praia de areas brancas e finas, pouco masificada.
As súas ondas convértena nun reclamo para os amantes do surf, por isto, está considerada unha das mellores praias para a práctica deste deporte na Mariña Lucense. Nos últimos anos, tivo lugar nela a celebración do campionato Open de Surf de Esteiro, puntuable no campionato de España de Surf.
Lonxitude: 518 metros.
Grao de urbanización: Semiurbana.
Aparcamento: Si.