Outono na Mariña

 

Porque o outono é unha época fantástica para organizar unha viaxe curta á Mariña, ofrecémosche gozar do teu tempo libre, descubrindo a nosa cultural, natureza, gastronomía e artesanía a través de "Planes con Corazón" e "Obradoiros con Corazón". Dous programas para coñecer o noso patrimonio e vivir experiencias únicas da man dos mellores anfitrións. 

Temperaturas suaves, a tranquilidade propia desta estación e a natureza nun dos seus momentos de maior esplendor, son algunhas das cousas que fan que estes meses sexan un bo momento para explorar o noso destino. Ademais, desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa axuda de distintas administracións, deseñamos propostas especiais para que coñezas o noso territorio e á súa xente, e que saques o maior proveito á túa visita!

A Mariña. Plans con corazón

Entre o 5 de outubro e o 10 de novembro, Plans con corazón convídate a gozar dun programa de 16 roteiros e visitas guiadas a pé, no que a historia, a contorna natural, a arqueoloxía, a etnografía ou a gastronomía dos 16 concellos que conforman A Mariña, son protagonistas. 

Accede a máis información: 

A Mariña. Obradoiros con corazón

Entre o 31 de outubro e o 10 de novembro, o programa Obradoiros con corazón ofréceche experiencias inmersivas para conectar en primeira persoa co mundo da artesanía. Esta primeira edición piloto inclúe propostas diferentes e gratuitas en seis obradoiros artesanais da Mariña, concretamente en Ribadeo (Raíces Nómadas), Mondoñedo (Miratú, O Fantástico taller dos títeres, Artesanía do Pasatempo e Esquina Atlántica) e Viveiro (Otero Regal). Os grupos serán de máximo 10 persoas e é necesaria a inscrición previa.

Accede a máis información: 

 

Se estás a organizar a túa viaxe ao noso destino, esta información pode ser valiosa: en A Mariña contamos cunha rede de aloxamentos que traballan pola sustentabilidade e calidade dos seus servizos e que podes coñecer seguindo esta ligazón: ONDE DURMIR