A opinión da nosa xente sobre o turismo na Mariña
No contexto da campaña de comunicación interna A Mariña Latexa contigo, implementouse un espazo para que a poboación local e axentes do sector poidan achegar a súa opinión, motivando unha participación que facilite recoller o pulso sobre o turismo na Mariña, divulgar as accións que se desenvolven no marco do PST e concienciar sobre a importancia da colaboración público privada e o desenvolvemento dun turismo máis sostible no territorio.
Desde o 23 de xaneiro de 2025 xunto co lanzamento da citada campaña, empezáronse a recoller valoracións a través dun formulario con 13 consultas que expón 3 recomendacións sobre os recursos para visitar no destino e 6 preguntas de opinión sobre o turismo. Tras dous meses, recolléronse en total 60 respostas cos seguintes resultados:
¿Cales consideras que son as principais aportacións que fai o turismo a A Mariña?
- A esta pregunta aberta, case o 50% das persoas que completaron a enquisa considera que as principais achegas que fai o turismo no territorio son económicas, destacando razóns como a xeración de emprego, a súa achega ao comercio local ou os beneficios do sector gastronómico e hostaleiro.
- Motivos sociais son os segundos máis destacados polas súas achegas positivas, destacando que dinamiza os pobos achegando ambiente e vitalidade. Que reporta riqueza cultural e que fomenta o orgullo dos propio. Pode achegar xente cara ao interior da Mariña e axudar a fixar poboación.
- Tamén se destaca de forma explícita que pode axudar a mellorar as infraestruturas de comunicación (estradas) e que fomenta a mellora da hostalería, e menciónase tamén en menor medida a posta en valor do patrimonio, a promoción dunha comarca máis aberta e activa e a promoción dun turismo máis sostible.
¿E as principais problemáticas derivadas da actividade turística na Mariña na actualidade?
-
Un 40% esgrime como principal problemática a masificación do destino vinculada á súa alta estacionalidade. Como principais problemas derivados por orde de mencións: aparcamentos cheos, escaseza de auga das traídas ("demasiadas vivendas onde non hai auga suficiente"), problemas co tratamento de augas residuais, problemas de tráfico, saturación / contaminación das payas, problemas coa xestión de residuos, e desabastecemento en supermercados. Sensación de "invasión" e de falta de respecto.
-
A seguinte problemática máis mencionada é a vivenda, cun 20% de mencións directas (escasez de oferta, prezos elevados, impedimentos para alugar todo o ano).
-
Outro dos problemas derivado da actividade turística máis mencionados é a degradación do medio e os malos tratos á paisaxe como consecuencia da presión turística, a falta de planificación e de regulación.
-
A subida de prezos, a falta dunha estratexia común entre todos os municipios, a perda de identidade ou a dependencia do sector, tamén son factores negativos mencionados pero con menor incidencia.
Principais retos de cara ao futuro:
- Conseguir un turismo sostible eficaz, desestacionalizado, respetuoso e de calidade é a mención máis repetida (30% das persoas mencionano de forma explícita).
- Con un 25% o seguinte reto máis mecionado é Mellorar as infraestructuras e servizos (auga potable, augas residuales, conexións por estrada...)
- Os seguintes retos máis repetidos son a regulación sobre a vivenda, a ampliación da oferta cultural e de ocio, innovar e distribuir o turismo hacia o interior.
Valora entre 1 e 5 o seguinte enunciado: "O impacto positivo do turismo na Mariña é superior aos impactos negativos que se podan derivar da actividade"
Ante esta solicitud e considerando 1: moi en desacordo e ata 5: moi de acordo, os resultados foron os seguentes:
Máis da mitade das persoas equisadas (62%) está de acordo en que os impactos positivos do turismo superan aos negativos. Un 24% móstrase neutral ante este enunciado mentras o 14% non considera os impactos positivos superiores aos negativos.
¿Qué factores consideras clave para a consolidación dun turismo sostible na Mariña?
- Aínda que existe unha gran diverxencia dos factores expresados, a mellora das infraestructuras e servizos é o máis repetido, seguido pola desestacionalización (organización de actividades todo o ano e descentralización) e logo pola promoción de alternativas ao sol e praia coa promoción dun turismo responsable, de natureza (sendeirismo, etc.) e máis servizos culturais.
- Tamén se destaca a xestión dos recursos naturais (como Praia das Catedrais), e se mencionan aspectos como a sensibilización dos visitantes, a planificación ou o apoio aos concellos para atender as súas labores de control -autocaravanas-, contratación de socorristas, etc.
En relación ao perfil das persoas desta mostra,
Municipios de residencia
Foz | 10 | 17% |
Viveiro | 8 | 13% |
Burela | 7 | 12% |
Alfoz | 5 | 8% |
Mondoñedo | 5 | 8% |
Ribadeo | 5 | 8% |
Cervo | 4 | 7% |
Barreiros | 3 | 5% |
O Valadouro | 3 | 5% |
A Pontenova | 2 | 3% |
Xove | 2 | 3% |
Lourenzá | 1 | 2% |
O Vicedo | 1 | 2% |
Riotorto | 1 | 2% |
Fuera de A Mariña | 3 | 5% |
Excepto Trabada e Ourol, recolléronse opinións de todos os concellos da Mariña, seendo Foz, Viveiro e Burela os concellos con máis respostas.
Traballan no sector turístico?
O 86% das persoas que completaron a enquisa non traballa no secto turístico.
Edad
En canto ao rango de idade das persoas que responderon o cuestionario, máis do 80% ten entre 26 e 65 anos con un peso moi similar aos grupos de 26 a 45 e de 46 a 65.
* Este espazo de consultas continuará aberto durante todo 2025 para seguir recollendo aportacións e coñecer a percepción da poboación local e axentes do sector sobre o turismo no territorio.