Obradoiros e Plans na Mariña

 

Cando o verán vaise despedindo e o outono comeza a tinguir a paisaxe de cores cálidas, A Mariña convértese no destino perfecto. 

Se estás xa na Mariña ou pensando en descubrirnos, tes que coñecer os nosos "Obradorios con corazón" e "Plans con corazón". Dúas propostas deseñadas para que vivas unha viaxe enriquecedora a través da artesanía, cultura, natureza e gastronomía, e acompañado sempre por anfitrións locais.

Desde a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, en colaboración con diferentes administracións, creamos propostas auténticas e singulares para que te mergulles no noso territorio e o percorras con mirada curiosa.

Cos nosos Obradoiros de finais de agosto, poderás entrar na alma artesanal do territorio participando en actividades onde aprenderás técnicas tradicionais e crearás pezas coas túas propias mans. Con Plans, durante setembro e ata outubro, levarémosche a pasear entre bosques tinguidos de verdes e dourados, a saborear produtos locais  e descubrir pobos onde cada recuncho conta unha historia.

A Mariña. Obradoiros con corazón

Do 24 de outubro ao 15 de novembro, a terceira edición de Obradoiros con Corazón propón nove experiencias inmersivas en obradoiros artesáns de Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo, Trabada e Ourol. Unha oportunidade para aprender directamente das persoas que crean, experimentar cos materiais e descubrir o valor dos coñecementos que forman parte da nosa identidade cultural.

Cerámica, torno de oleiro, kintsugi, creación de pendentes de madeira, macramé, fiado de la e ensamblaxes de madeira son algunhas das propostas desta edición, pensadas para gozar da creatividade e achegarse á artesanía dun xeito práctico e participativo.

As actividades teñen un custo de entre 5 e 10 euros, segundo o obradoiro, e requiren reserva previa. As prazas son limitadas.

Tras esgotarse todas as prazas ás poucas horas de abrirse a inscrición, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña abren novas datas para participar na terceira edición de Obradoiros con Corazón.

As actividades desenvolveranse os días 7, 8, 13, 14 e 15 de novembro en Mondoñedo, Ribadeo, Trabada e Viveiro, co obxectivo de facilitar a participación das persoas que quedaron en lista de agarda e ofrecer novas prazas a quen aínda queira sumarse.

Máis información e reservas:

A Mariña. Plans con corazón

Do 26 de setembro ao 14 de novembro, a sétima edición de Plans con Corazón ofrece 16 propostas para coñecer os 16 concellos da Mariña Lucense a través de rutas e visitas guiadas por especialistas e anfitrións locais. Durante as fins de semana do 31 de outubro ao 14 de novembro, poderás descubrir algúns dos seus tesouros mellor gardados.

Os montes do Buio e as súas turbeiras, as pinturas de Burela, os escenarios literarios de Álvaro Cunqueiro en Riotorto, a riqueza xeolóxica da praia de San Román e Arealonga ou a tradición da madeira e da carpintaría de ribeira en San Cibrao son algunhas das experiencias que che propoñemos.

Cada plan é unha invitación a mirar o territorio con outros ollos, coñecer as persoas que lle dan vida e gozar dunha experiencia próxima, sostible e enriquecedora. As actividades teñen un custo de 5 euros por persoa, 9 euros para dúas persoas e 15 euros para grupos.

Máis información e reservas:

Se estás a organizar a túa viaxe ao noso destino, esta información pode ser valiosa: en A Mariña contamos cunha rede de aloxamentos que traballan pola sustentabilidade e calidade dos seus servizos e que podes coñecer seguindo esta ligazón: ONDE DURMIR

 

Ven á Mariña e déixache sorprender por todo o que temos para ofrecer!