Obradoiro de Kintsugi
O Kintsugi é unha técnica ancestral xaponesa de reparación de obxectos cerámicos, onde as roturas son emendadas con ouro, resaltando as cicatrices e converténdoas en parte da beleza e historia do obxecto. Neste obradoiro, Artesanía do Pasatempo ofréceche a oportunidade de aprender e practicar este arte tan especial.
Durante a experiencia, familiarizaraste cos diferentes pasos do proceso de reparación, desde a preparación das pezas ata a aplicación do ouro. Ao final do obradoiro, poderás levar contigo o obxecto que reparaches, convertendo o que antes era un defecto nunha marca de beleza e resiliencia.
Hora: 11:00 hs. Duración estimada: 2 horas
Anímate a participar! Descubre o fascinante mundo do Kintsugi e aprende a valorar as cicatrices como unha parte esencial da historia das cousas. Inscríbete xa e asegúrate a túa praza para esta experiencia única e transformadora!
Maica, artesá responsable do obradoiro, aconsella levar unha peza cerámica rota ou romper (cuncos, pratos, cinceiros, cuncas).