Visitas guiadas na Mariña - Semana Santa 2026

 

Cando viaxamos, queremos aproveitar o tempo da mellor forma posible e non perdernos nada. Participar nunha visita guiada é unha experiencia enriquecedora que che permitirá mergullarte na historia, cultura, natureza, arte, gastronomía e un longo etcétera.... Todo iso de forma dinámica, divertida e sen preocuparte de nada!

Toma o teu tempo e empápate da Mariña!

  Burela: nesta vila mariñeira poderás subir a bordo do Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, un antigo barco bonitero de madeira onde coñecer como se desenvolvía a vida a bordo, as súas instalacións, artes de pesca tradicionais e mesmo poñerte a mans do seu temón sen moverte do peirao. Así mesmo, tamén poderás complementar a túa visita á localidade participando nalgunha das súas Xeorutas programadas para esta Semana Santa.

  • Barco Museo Boniteiro: aberto de martes 31 a sábado 4 de abril con visitas guiadas ás 11.00h, 12.00h, 13.00h, 17.00 e 18.00h.
  • Xeoruta do Perdouro: Venres 3 de abril de 10.30h a 13.30h. Salida desde la oficina de turismo.
  • Xeoruta da Marosa: Sábado 4 de abril de 10.30h a 13.30h. Salida desde la oficina de turismo.
  • Vila do medio: Visita guiada á Igrexa da Vila do Medio. Sábado 4 de abril de 16:30h ás 18:00h.
  • Visita ao molde do faro: Coñece a historia do faro de Burela desde o interior do seu molde nunha visita guiada. Venres 3 de abril de 16.30 a 17:00

Información e reservas para as georutas, Vila do Medio e Molde do faro: Oficina de Turismo de Burela | Tel.: 982 888 506 | Burela Turismo.  Aberta do 31 de marzo ao 4 de abril de 09:30h a 14:00h e de 16:00h a 18:30.

Inscricións Barco Museo Bonitero: https://reservasbarcoboniteiro.burela.org/

 Foz: Neste municipio da Mariña sitúase a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, considerada a catedral máis antiga de España. O seu estilo arquitectónico é pouco habitual no noroeste peninsular: románico lombardo-catalán. Nela atopamos elementos arquitectónicos de os séculos X, XI e XII. Conta, ademais, cun Centro de interpretación situado na antiga casa reitoral. En 2007 foille concedida a categoría de Basílica e o máis rechamante da súa historia é que no século IX foi sede episcopal dobre (bispados dumiense e britoniense).

  • Visitas guiadas: de martes a sábado ás 10:45, 13:15 e 19:15. Domingo ás 10:45 e 13:15. Inscrición previa.  Se a visita coincidise con algún culto, se cambiará a visita para outro horario (aviso previo).

Información e reservas: Basílica de San Martiño de Mondoñedo | Tel.: 698 183 223

  Mondoñedo: Mondoñedo foi capital dunha do antigas sete provincias do antigo Reino de Galicia e é sede episcopal desde o s. XII cando tamén adquire o título de cidade. Declarada Conxunto Histórico-artístico, conta cun casco antigo onde destaca a Catedral co seu enorme rosetón central, as pinturas murais de distintas épocas ou os dous órganos xemelgos. O seu Museo Catedralicio e Diocesano de Arte Sacra é un dos máis importantes de Galicia.

Ademais, entre os múltiples encantos que ofrece este municipio suxerímosche unha visita guiada á Cova do Rei Cintolo: a gran marabilla natural de Mondoñedo e a cova máis grande de Galicia.

  • Catedral - horario especial de Semana Santa:
    • Domingo de Ramos (29/03/26): 13:00h-18:30h
    • Luns (30/03/26): 10:30h-15:00h 
    • Martes (31/03/26): 10:30h-15:00h 
    • Mércores (01/04/26): 10:00h-14:30 / 15:30h-18:30h
    • Xoves Santo (02/04/26): 10:00h - 15:00h
    • Venres Santo (03/04/26): CERRADO
    • Sábado Santo (04/04/26): 10:00h - 14.30h / 15:30h-18:30h
    • Domingo de Resurrección (20/04/25): 13:00h-18:30h
    • Luns de Pascua: 10:00h-15:00h
  • Catedral - visitas guiadas:
    • A visita faríase con audioguía de forma xeral. As visitas guiadas ao rosetón empezarán a partir do mes de maio, antes só se aceptan reservas para grupos (+15 personas), dependendo da dispoñibilidade e os horarios. 
    • Consulta aquí itinerarios, horarios e reservas. 
    • Tel.: 673 568 709 | Correo e.: cmondonedo@artisplendore.com

Cova do Rei Cintolo - horario especial de Semana Santa:

  • Visita á Galería Central
    • Desde o venres 27 ata o domingo 5 de abril de 2026. Marzo en horario de 11:00h, 16:00h e 18:30h.
    • Con reserva previa.
    • Apto para maiores de 11 años (incluídos).
    • Prezo: 20€ por persona.
  • Visita Baixada do Río
    • Baixo demanda. Calquera día da semana de mañá e tarde.
    • Apto para maiores de 18 anos.
    • Boa condición física. Dificultade: Media-alta.
    • Horarios de visita, de forma xeral: 10:00h e 16:00h.
    • Prezo: 40€ por persoa.

Cova do Rei Cintolo: Consulta aquí modalidades de visita, horarios y reservas. | Oficina de Turismo de Mondoñedo | Tel.: 982 507 177

 A Pontenova: A actividade mineira no concello da Pontenova, durante a primeira metade do século XX deixou unha profunda pegada. Desde antigas minas de extracción (hoxe naturalizadas), os fornos de calcinación -icona patrimonial do municipio-, ou o antigo percorrido do tren mineiro hoxe reconvertido en Vía Verde. Todo este patrimonio industrial hoxe en día está posto en valor a través de distintas propostas de turismo activo que, ademais, contribúen á conservación deste valioso legado. 

Horarios especiais Semana Santa 2026: Aberto do sábado 28 de marzo ao domingo 5 de abril:

  • Experiencia dos Fornos (para toda a familia): 10:30h.
  • Experiencia dos Fornos Plus (con baixada ao nivel -1 da mina): 11:30h. Turnos extras polas tardes: consultar horarios.

Información e reservas Tirolesa das Minas: Tel.: 633 248 835. Tirolesa dás Minas 

Oficina de Turismo da Pontenova: Tel.: 982 342 101 |  Turismo A Pontenova

 Ribadeo: Entre as rúas desta vila histórica destacan dúas zonas ben diferenciadas: o seu casco antigo -declarado Ben de Interese Cultural- e o seu barrio indiano -cuxas cosmopolitas construcións foron levantadas por emigrantes hacendados recentemente retornados de Hispanoamérica-. Tanto a unha zona como a outra existen visitas guiadas especialmente deseñadas por Ribadeo Turismo para esta semana Santa:

  • Xoves (02/04/2026): Ribadeo Indiano 11:30 h.
  • Sábado (04/04/2025). Ribadeo Ilustrado 11:30 h

Información e reservas: web Turismo Ribadeo | Oficina de Turismo de Ribadeo | Tel.: 982 128 689

 Viveiro: Ciudad de orixe medieval, conta con valiosas mostras tanto de arquitectura civil como relixiosa que conforman un patrimonio rico e variado: os restos da muralla, as rúas gremiais, casas con balconadas e galerías acristaladas, ou a Praza de Santa María del Campo declarada Conxunto Histórico-Artístico...son só un pequeno exemplo do que garda a vila cuxa Semana Santa está declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

Non te perdas o programa de visitas guiadas para esta Semana Santa 2026 organizado polo Centro Comercial Histórico de Viveiro e en colaboración coa Xunta de Confrarías da Semana Santa. Grupos de 50 persoas por orde de chegada. Saída desde a Praza Maior.

  • Luns, Martes e Mércores Santo: 18.00h
  • Xoves Santo: 12.00h
  • Venres Santo: 13.00h
  • Sábado de Gloria: 17.30h
  • Domingo de Resurrección: 13:00h

Más información: Oficina de Turismo de Viveiro. Tel.: 982 56 08 79  |  Correo: turismo@viveiro.gal | Web Semana Santa Viveiro.

Oferta privada de actividades guiadas:

 

 Escapalandia - Carmen Delia (mércores 01 a domingo 05 de abril de 2026)

  • Visita guiada ao Ribadeo histórico con especial atención á historia dos dous conventos da vila, Santa Clara e San Francisco, así como á historia das igrexas e capelas da localidade. Consultar grupos e horarios. 15 € / persoa para maiores de 12 anos.
  • Visita guiada Mondoñedo histórico con especial atención ao ritual tradicional de Semana Santa na catedral. Consultar grupos e horarios. 15 € /persoa para maiores de 12 anos.

        Información y reservas: www.escapalandia.com | escapalandia@gmail.com