Programa formativo para o sector turístico na Mariña
EMPRESAS TURÍSTICAS MÁIS RENDIBLES, SOSTIBLES E INNOVADORAS
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza esta acción formativa formación de carácter práctico orientada a facilitar a súa implantación no negocio.
As 3 xornadas previstas están dirixidas a empresas e servizos do sector turístico da Mariña, e teñen como principal obxectivo achegar coñecementos prácticos e útiles aplicables aos seus negocios cos que mellorar o seu funcionamento e a súa rendabilidade.
As formacións programadas, impartidas por persoas expertas na materia, combinarán explicacións concisas, exemplos aplicados ao sector e exercicios guiados, co obxectivo de facilitar a transferencia do coñecemento ás necesidades reais e concretas de cada modelo de empresa.
Esta formación está financiada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.
Enlace inscrición
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdpJjL2H5bs2NU21KgTNe5tGPECv4SIHlMHAoTUO_f77KCddQ/viewform
INTELIXENCIA ARTIFICIAL APLICADA AO TURISMO
Martes 3 novembro 10-14h.
Lugar de impartición: Aula CEMIT de Foz. Casa da Xuventude
Rúa Julia Minguillón, 7, 27780 Foz, Lugo
Con José Alcañiz, fundador e director xerente de Esterea Comunicación Digital
Obxectivo: coñecer ferramentas que permitan aforrar tempo, mellorar a comunicación e as vendas ou analizar información útil para a xestión empresarial, sen perder a autenticidade e a identidade propias de cada negocio.
SOSTIBILIDADE QUE MULTIPLICA: RENDIBILIDADE E IMPACTO POSITIVO NA EMPRESA TURÍSTICA
Xoves 12 novembro 10-14h.
Lugar de impartición: Hotel O Cabazo (Ribadeo)
Rúa Río do Amalló, 1, 27700 Ribadeo, Lugo
Con Claudia Rodríguez, co-fundadora de Alén
Obxectivo: mellorar a rendibilidade dos servizos mediante unha xestión máis eficiente dos recursos; a incorporación de prácticas sostibles e de economía circular; e a creación de novas oportunidades de negocio que reforcen a súa competitividade e o valor da economía local.
TURISMO SLOW: DESEÑAR EXPERIENCIAS CON IDENTIDADE
Mércores 18 novembro 10-14h.
Lugar de impartición: Antiga Carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo)
Con María Traveso e Vero Rodríguez, socias en Promove Consultoría e formación
Obxectivo: aprender a transformar os recursos propios e os do territorio en propostas atractivas para os visitantes, incorporando os valores do Turismo Slow e explorando posibilidades de colaboración con outras empresas.
Prazas limitadas: Xornadas ABERTAS A TODO O SECTOR TURÍSTICO da Mariña. Terán prioridade os servizos adheridos ao SICTED e os Aloxamentos da rede Turismo Slow Norte de Galicia na Mariña.
Inscrición: cubre este formulario para participar nas xornadas que sexan do teu interese. As prazas son limitadas polo que a inscrición a través deste formulario non garante a obtención de praza. No caso de resultar seleccionado/a, recibirás unha confirmación.
