Galicia destino seguro. Información de interese para turistas
Para a reactivación do sector turístico ante a crise sanitaria provocado pola COVID-19, Xunta de Galicia e sector puxeron en marcha o programa Galicia destino seguro. Unha serie de medidas para que o sector turístico se poda adaptar á nova situación e que os turistas e peregrinos podan viaxar a Galicia con maior confianza e seguridade.
O Goberno autonómico ten en marcha diferentes medidas co obxectivo de ofrecer confianza e seguridade, así coma para protexer a saúde das persoas que visiten Galicia e A Mariña Lucense nos próximos meses. Recopilamos algunhas:
O Servicio Galego de Saúde conta cun teléfono de atención para os viaxeiros que non residen en Galicia: 881 002 021, no que os atenderán sen coste no caso de presentar algunha sintomatoloxía.
Ademáis, é necesario que os viaxeiros, sexan ou non residentes en Galicia, que proveñan ou estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19 faciliten os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias galegas nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, independientemente de que presente ou non síntomas compatibles coa COVID-19. Para elo, deberá cubrirse o formulario dispoñible na web coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou chamar ao 881 002 021. Os territorios considerados de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19 actualízanse cada 15 días e poden consultarse no apartado correspondente da web do SERGAS (Servizo Galego de Saúde).
Xunto a estas medidas, establecementos e recursos turísticos contan con protocolos hixiénico-sanitarios nesta materia.
Consulta máis información, así como as medidas aplicadas en cada momento frente á COVID-19 , para seguir viaxando e desfrutando da Mariña Lucense con todo o senditiño e precaución, accedendo á web de Turismo de Galicia clicando no seguiente enlace.
Volve a encontrar o Norte nun dos lugares máis versátiles, inexplorados e sorprendentes de Galicia!