Experiencias de Turismo Slow. Outono 2022

 

O 22 de outubro comeza a programación de "Experiencias de Turismo Slow", con seis propostas relacionadas co benestar e a natureza e que se desenvolverán ata o 12 de novembro. Estas actividades enmárcanse na iniciativa "Turismo Slow Norte de Galicia", proxecto colaborativo posto en marcha no 2015 polas mancomunidades de concellos de A Mariña Lucense e Ferrolterra - Rías Altas, coa intención de promover un turismo sostible, atractivo para aquelas persoas que viaxan buscando un contacto máis estreito coa natureza e a cultural local.

As “Experiencias de Turismo Slow" arrincan cunha proposta cultural e natural en Cedeira o 22 de outubro, e continúan o 28-30 dese mes cun Taller de fotografía creativa e slow en Barreiros (Hotel Rías Altas), mentres o 29, o río Sor é protagonista cun descenso en kaiak pola súa espectacular paisaxe. Xa, en novembro, do 4 ao 6 en Os Tres Teixos (Foz) ofrécese un programa de crecemento persoal; o 5 un roteiro dacabalo atravesando as paisaxes do río Sor, e por útlimo o 12 de novembro, haberá unha camiñada gastronómica con paseo interpretativo polas Fragas do Eume.

Nesta ligazón, atoparás máis información e a posibilidade de reservar a túa experiencia!