A Mariña presenta en FITUR 25 su campaña "A Mariña Latexa contigo"

 

 

A Mariña Lucense presenta en el marco de FITUR 2025  "A Mariña Latexa Contigo"  "A Mariña Late Contigo". Un proxecto que pon o foco nas persoas que vivimos no destino e que nace co obxecto de fortalecer os nosos lazos e mostrar ao mundo o orgullo que sentimos pola nosa terra. 

Esta campaña de comunicación interna, inclúe unha serie de accións que buscan involucrar á cidadanía e resaltar a riqueza cultural, natural e social da Mariña. O seu piar principal é a participación activa dos habitantes. Para conseguilo, graváronse entrevistas con veciños e veciñas dos 16 concellos da comarca, persoas que compartiron as súa recomendacións e vivencias sobre o que fai único ao seu concello, creando un retrato rico diverso da Mariña.

Pero isto non queda só nas entrevistas. Para escoitar á xente da Mariña preparamos unha breve enquisa onde calquera persoa vinculada co territorio poderá responder as mesmas preguntas que se formularon nas gravacións e mais a custións vinculadas á actividade turística. Este exercicio non só permite que cada persoa exprese a súa opinión, senón que tamén reforza o sentimento de pertenza e o compromiso co noso destino.

Convidámoste a formar parte deste proxecto. Participa aquí.

Coñece aos protagonistas da campaña  A MARIÑA LATEXA CONTIGO

Esta acción é unha das actuacións que se están impulsando no territorio no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña, cofinanciado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.