Museo etnográfico José Rocha

Trabada (Lugo)
 
Museo

Colección de máis de mil pezas que permite ao visitante achegarse ao patrimonio etnográfico de todo o territorio, creada grazas á doazón de José Rocha.

Este museo de recente apertura, nace da paixón pola súa terra dun coleccionaista, José Rocha, servindo hoxe ao obxecto de difundir con orgullo o patrimonio etnográfico de Trabada e de todo o noso territorio. O antigo propietario da colección exposta, doou o seu patrimonio ao Concello de Trabada, o que motivou a creación deste espazo.

Contén máis de mil pezas que permiten achegarse ao noso pasado e presente, desde libros do século XVI, ata un cristo de case un metro labrado en marfil, cadros, máquinas de coser, obxectos de traballo, roupa, e outras antigüidades.

Só visitas baixo reserva previa. 

 

Te recomendamos

No mesmo edificio, sitúase a Oficina de información turística.

Rúa Celso Currás López 14-16
27765 Trabada - Lugo
982 143 956 - 982 135 011
Información: 982 13 50 11
Adultos:1,5 € | Menores 12: gratis | + consultar