O Fantástico, Taller dos títeres

Mondoñedo (Lugo)
 
Escenografía | Cartelismo | Monicreques

Na praza do concello, Ton Areas, escenógrafo e titiritero, fabrica e dirixe monicreques e os seus escenarios. Produce espectáculos e obxectos artísticos.

Ton Areas aprendeu o oficio de forma tradicional, acompañando ao mestre titiritero Arturo Pérez, e en 2010 naceu Mircromina co espectáculo "Vacacións no Mar" grazas ao que compartiu unha chea de funcións nos escenarios máis dispares: desde prados de romarías ata auditorios con bambolinas.

Pero non todo é actuar, no seu taller tamén constrúe pequenos teatros, pinta escenografías, modela bonecos, todo nun delicioso traballo cheo de detalles e motivos que habitualmente contrasta co pintor Mauro Leivas.

Gran parte do seu traballo vai cara ao tradicional con rutinas, xogos e cancións. A música é fundamental, o ritmo imprescindible, e grazas a Roberto Salga, os Gaiteiros, as foliadas e a súa pandeireta, os monicreques gozan dun bo acompañamento.

Imaxe cedida por: Fundación Artesanía de Galicia. Autor: Peter Schneider.

Praza do Concello, 4
Mondoñedo - Lugo
617 353 140
Visitas con cita previa; reservar con antelación.
*En tempada estival, horarios de visitas establecidos.
Acceso libre gratuíto. Visita guiada: 3€/persoa/taller. Consultar dispoñibilidade e prezos para talleres participativos.