Miratú Artesanía

Mondoñedo (Lugo)
 
Calceta | Gancho

Verónica Page traballa con la de ovella e alpaca en Miratú artesanía.

Este é un lugar onde se promove o coñecemento e recuperación das técnicas manuais de fiado e tecido; un comercio xusto colaborativo con respecto á natureza, roupa bio e nutrición a partir de herbas aromáticas e especias. Tamén elabora aceites de masaxe de loureiro e lavanda, así como roupa orgánica.

 

*Imaxe cedida por: Fundación Artesanía de Galicia. Autor: Peter Schneider.

Centro Comercial Peña de Francia. C/ Peña de Francia.
Mondoñedo - Lugo
634 090 597
Visitas con cita previa; reservar con antelación.
En tempada estival, horarios de visitas establecidos.
Visita guiada: 3€/persoa / taller. Consultar dispoñibilidade e prezos para talleres participativos.