Marioneta

Mondoñedo (Lugo)
Domingo, 3 de novembro - 11:00 h
 

O Fantástico taller dos Títeres, ofrece da man de Ton Arenas unha experiencia creativa e divertida para toda a familia, onde cada participante terá a oportunidade de deseñar e crear a súa propia marioneta a partir de materiais reciclados. Inspirado en seres fantásticos e personaxes do mundo dos contos, cadaquén elixirá o animal ou personaxe que desexe e, coas súas propias mans, dará vida a unha marioneta única.

 

A proposta está pensada para fomentar a imaxinación e a creatividade, á vez que se promoven valores de reciclaxe e sustentabilidade, transformando o que parecía inservible nunha boneca-marioneta que poderás levar de recordo.

Hora de inicio: 11:00 hs - Duración estimada: 2 horas

Anímate a participar! Goza desta experiencia familiar única e divertida na que a reciclaxe e a creatividade se xuntan para dar vida a marionetas fantásticas. Non perdas esta oportunidade e inscríbete xa para reservar a túa praza!

RESERVAS

Av. Obispo Fernández de Castro, 9, Bajo
Mondoñedo - Lugo