MAF Artesanía

Riotorto (Lugo)
 
Ferrería

MAF artesanía, en Riotorto, moldea o duro aceiro como o facían os seus antepasados. Desde hai case 50 anos practican un oficio tan tradicional e galego como a ferrería, creando ferramentas de corte a medio camiño entre o funcional e o artístico, como navallas, coitelos e fouces.

Dentro do taller poderemos ver as ferramentas do oficio, na súa maioría elaboradas por eles, e adquirir algúns dos obxectos feitos a man. A historia de Riotorto está moi ligada á ferrería e a minería do ferro.

Imaxe cedida por: Fundación Artesanía de Galicia. Autor: Eduardo Armada.

Hermida, 17
Riotorto - Lugo
982 346 219
Visitas con cita previa; reservar con antelación.
Visita individual: 6€/persoa/taller. Grupos: 25€/grupo (entre 5 e 10 persoas).