Iniciación á cerámica contedora de alimentos.
Este obradoiro ofrece unha inmersión divertida e creativa no mundo da cerámica, perfecta para toda a familia. Da man do recoñecido artesán Otero Regal, aprenderás a técnica e o proceso de traballo co barro para a creación de louza de uso cotiá, mergullándote na elaboración de pezas contedoras de alimentos.
A través dun enfoque práctico, coñecerás a materia prima e descubrirás a beleza de traballar coa túa propia imaxinación para dar forma a pezas únicas. Non só será unha experiencia educativa, senón tamén unha oportunidade para gozar en familia creando algo especial.
Hora de inicio: 11:00 horas - Duración estimada: 2 horas.
Anímate a participar! Unha oportunidade única para achegarche á tradición da cerámica galega, nun ambiente cercano e creativo. Non perdas a ocasión de vivir esta experiencia inesquecible, e inscríbete xa para garantir a túa praza!