Fernando Vilariño Gosende

Mondoñedo (Lugo)
 
Cantería

Fernando Vilariño é un canteiro que talla granito, mármore e lousa de forma tradicional para crear pezas únicas.

No seu taller poderás ver creacións puramente decorativas, outras útiles no día a día e aquelas que combinan deseño e funcionalidade, unha das súas principais premisas. A visita, ademais de didáctica, é interactiva, con demostración e práctica para cada visitante.

 

*Imaxe cedida por Fundación Artesanía de Galicia. Autor: Peter Schneider.

R/ Bispo Fernández de Castro
Mondoñedo - Lugo
609 743 164
Visitas con cita previa; reservar con antelación.
*En tempada estival, horarios de visitas establecidos.
Acceso libre gratuíto. Visita guiada: 3€/persoa/taller. Consultar dispoñibilidade e prezos para talleres participativos.