Esquina Atlántica e os Artesáns do Pasatempo
As olerías Esquina Atlántica e Os Artesáns do Pasatempo, con Marcelo e Maica, desenvolven produtos en diversos materiais e técnicas, desde cerámicas tradicionais traballadas a torno ou modeladas a man, ata produtos de vidro fundido, pasando por artigos "upcycling", papel maché, gravados e outras obras gráficas.
Así mesmo, segundo as técnicas que se foron incorporando ao longo do tempo, diversos materiais e procesos de traballo vanse incorporando á metodoloxía habitual nun taller cerámico. Desta maneira, un visitante ocasional pode atopar no taller pezas a medio facer ou rematadas de diversos oficios, entre os que destaca a cerámica como oficio principal, a fotografía tradicional e aplicada (á cerámica, o vidro e moitos outros materiais), a madeira, o gravado, pintura, pintura sobre azulexos e papel maché.
*Imaxe cedida por: Fundación Artesanía de Galicia. Autor: Peter Schneider.
Estes artesáns contan coa distinción SICTED que acredita o seu compromiso coa calidade turística e coa mellora do destino.