Descubre A Mariña Lucense. Vive o Norte de Galicia

 

A Mariña Lucense é un mundo. A súa excelente gastronomía, a diversidade e riqueza das súas paisaxes, os seus ambientes seguros e tranquilos, a súa historia, as súas artes, as súas xentes...conforman un territorio definido, no norte de Galicia.

Un destino con personalidade propia, no que atopar tesouros e experimentar imaxes, texturas, sabores e sons únicos. Esta é unha invitación a vivir e descubrir o noso territorio con calma.

Despois do noso "Volve a encontrar o Norte. Ven á Mariña Lucense" co que invitamos ao mundo a reencontrarse e encontrarnos trala pandemia marcada pola Covid-19, decidimos animarte a descubrirnos cunha mirada pausada e intensa.  Nesta campaña, contamos en primera persoa o que os nosos visitantes poden chegar a descubrir moitas veces de forma inesperada, cando visitan A Mariña Lucense: esos detalles pequenos e infinitos que definen o que somos e que nos diferencian, porque A Mariña posúe todas as cualidades de Galicia...e ademáis paisaxes, eventos, camiños, tradicións, persoas e historias únicas. 

 Gustavo (32 anos. Bos Aires) cóntanos que estivo presente, na praza da Catedral de Mondoñedo, vendo as mandas de cabalos dirixidas no seu tránsito desde o monte ao Campo da Feira, polas feiras das San Lucas.

Na Mariña Lucense, consérvanse mandas de cabalos que pastan en liberdade nos nosos montes, en lugares como a serra do Xistral e o Campo do Oso. En outubro, recupérase unha tradición secular, na que os cabalos percorren as rúas empedradas desa histórica cidade no seu camiño á feira, no día das San Lucas.

Descarga a postal clicando nesta imaxe

"Yo vine al mejor festival del mundo...

y escuhé mil músicas distintas"

   Alba (40 anos. París) quería vivir un dos mellores espectáculos de rock de Europa e ademáis descubreu as propostas da nosa música máis auténtica na que non pode faltar a gaita, a pandeireta ou o pandeiro....

Aquí podes desfrutar dunha gran riqueza musical con exponentes tan importantes como o Resurrection Fest ou o festival de música clásical Bal y Gay, ou con propostas tan interesantes como Osa do Mar e VRAO, ademáis de -por supuerto- a nosa música tradicional e latina (herdanza indiana) en centos de festas e encontros populares.

Descarga a postal clicando nesta imaxe

"Nosotros queríamos visitar la catedral más antigua de España...

y descubrimos catedales mucho más antiguas"

   Bea e Edu (49 e 55 anos, Pamplona) querían coñecer  a historia de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, considerada a catedral conservada máis antiga de España e quedáronse tamén  fascinados ao profundizar na riqueza botánica e xeolócia do Monumento Natural Praia das Catedrais, un icono do destino.

Descarga a postal clicando nesta imaxe

 "Yo quería caminar a Santiago...

y casi, camino sobre el mar"

   Anna (25 anos. Sicilia). Anna estaba percorrendo o Camiño de Santiago do Norte que atravesa o oriente da Mariña Lucense a través de paisaxes extraordinarios e faláronlle do Camiño do Mar...noutra visita ao territorio seguiu as súas pegadas e puido descubrir entornos próximos tan incribles da nosa costa como o que propón a punta Fuciño do Porco, no municipio do Vicedo.

Descarga a postal clicando nesta imaxe

 

Estes son só algúns exemplos das experiencias que se poden vivir na Mariña Lucense, pero son infintas as propostas que sorprenden ao viaxeiro na Mariña.... as nosas múltiples fervenzas, os paseos xunto a unha costa escarpada repleta de praias incribles, rincóns naturais reserva dunha gran biodiversidade, pequenos bosques de especies autóctonas, artesáns, unhas materias primas que definen a nosa gastronomía, recursos e espacios culturais, os nosos monumentos, as imponentes montañas, sendas, historias e lendas, faros, vilas...na túa próxima viaxe ven e:

Descubre A Mariña Lucense. Vive o Norte de Galicia