Regal Cerámica
Sobre a leira e as ruínas dunha antiga curtiduría, o artista Alfonso Otero Regal construíu un Complexo Cultural cuxo epicentro é o seu labor como ceramista, muralista e deseñador.
A infraestrutura recupera espazos da antiga industria do curtido do coiro, poñéndoa en valor como centro de interpretación e evitando a degradación da contorna. Ademais, dous museos céntranse na carreira do artista e a historia de Cerámica Regal. O complexo conta tamén co taller, a tenda, un auditorio e vivendas para artistas invitados. Trátase dun centro cultural dinámico con vocación de promoción e divulgación do mundo da cerámica, moi arraigado na Mariña pola existencia de caolín de alta calidade.
Cerámica Regal gañou o Premio Nacional de Artesanía 2011.
Imaxe cedida por: Fundación Artesanía de Galicia. Autor: Eduardo Armada.