Cemiterio Indiano de Xerdiz
Cemiterio construído en 1908 grazas ás doazóns de 64 veciños residentes en Cuba e 110 da propia parroquia. É un dos cemiterios indianos máis representativos da Mariña Lucense grazas á riqueza do patrimonio que garda, con esculturas realizadas -entre outros canteiros- polas famosas mans de Francisco Veiga.
Sen dúbida un dos cemiterios máis bonitos e o máis significadamente indiano da Mariña Lucense. O cemiterio foi construído en 1908 grazas ás doazóns de 64 veciños residentes en Cuba e a 110 veciños da parroquia. As mans dos canteiros (Francisco Veiga “O Pena de Miñotos” e outros) deixaron a pegada da súa fama no traballo das esculturas neste cemiterio.
Chama a atención as cruces latinas, as penitencias, as de Trindade ou as piedades.
No interior do cemiterio colocouse unha placa cos nomes de todos os doantes.