Cemiterio Indiano de Xerdiz

 
Patrimonio indiano

Cemiterio construído en 1908 grazas ás doazóns de 64 veciños residentes en Cuba e 110 da propia parroquia. É un dos cemiterios indianos máis representativos da Mariña Lucense grazas á riqueza do patrimonio que garda, con esculturas realizadas -entre outros canteiros- polas famosas mans de Francisco Veiga.

Sen dúbida un dos cemiterios máis bonitos e o máis significadamente indiano da Mariña Lucense. O cemiterio foi construído en 1908 grazas ás doazóns de 64 veciños residentes en Cuba e a 110 veciños da parroquia. As mans dos canteiros (Francisco  Veiga  “O Pena de Miñotos”  e outros) deixaron a pegada da súa fama no traballo das esculturas neste cemiterio.

Chama a atención as cruces latinas, as penitencias, as de Trindade ou as piedades.

No interior do cemiterio colocouse unha placa cos nomes de todos os doantes.