Casa dos Hermida

 
Patrimonio indiano

Casa construída en 1930 por Manuel Rouco Varela. A súa configuración responde á dun cubo de base cadrada e cuberta a catro augas. Chama a atención polas súas grandes dimensións e a contundencia da súa volumetría. Posúe un vistoso xardín poboado de camelias.

Data de construción: 1930

Estilo arquitectónico: Eclecticismo.

Construída en 1930 por Manuel Rouco Varela, tío político das actuais propietarias.

Dividido actualmente en dúas vivendas, este edificio chama especialmente a atención polas súas xenerosas dimensións e a contundencia da súa volumetría. Xunto á vivenda aparece un vistoso xardín poboado de camelias no que pequenos chanzos salvan a cota de acceso. A configuración deste inmoble responde á dun cubo de base cadrada e cuberta a catro augas que alberga tres plantas; as súas fachadas carecen de todo tipo de ornamentación. O corpo aparece soportado por cinco pilastras xónicas que configuran un soportal de entrada en planta baixa.

Esta vivenda constitúe o primeiro exemplo de arquitectura residencial desta zona en que se aplica a estrutura de formigón en lugar dos tradicionais muros mamposteros.