Casa de Rego

 
Patrimonio indiano

Casa indiana construída nos anos 20 por Antonio Ladra, emigrante en Cuba. Destaca sobre todo a bufarda con coroación en traza circular, os linteles dos recercados, e as carpinterías centrais en curva.

Data de construción: Anos 20

Estilo arquitectónico: versión decorativa de casa autóctona.

Esta casa foi construída por Antonio Ladra, emigrado a Cuba. Da construción destaca sobre todo a bufarda con coroación en traza circular, aínda que tamén é importante destacar os linteles dos recercados, que foxen do vulgar. Como terceiro aspecto a destacar están as carpintarías centrais, en curva. Notable é tamén a talla da porta, na que poden verse os trazos modernistas.