Casa de Novo

 
Patrimonio indiano

Esta vivenda foi promovida por Manuel López, quen a constrúe en 1926 ao seu regreso de Cuba. É de planta rectangular con dúas alturas e a súa fachada conta con dous miradoiros de agradable deseño que flanquean un balcón situado no centro. Próximo á porta de entrada hai un banco adornado con motivos florais onde se aprecia o modernismo de principios de século.

Data de construción: 1926

Estilo arquitectónico: Versión decorativa de casa autóctona.

O promotor desta vivenda é Manuel López, quen a constrúe en 1926 ao seu regreso de Cuba. De planta rectangular con dúas alturas e espazo baixo cuberta con iluminación lateral, na planta alta sitúanse os miradoiros que flanquean un balcón situado no centro sobre a porta de acceso; os miradoiros son de agradable deseño, destacando o tellado que a coroa. O balcón posúe unha balaustrada de sinxelas pezas torneadas. O arco sobre o oco está decorado cunha guirnalda cunha máscara na clave.

Próximo á porta sitúase un banco de fábrica adornado con motivos de decoración floral: o modernismo de principios de século está presente.