Casa As Fidalgas

 
Patrimonio indiano

Vivenda indiana construída por Vicente García, emigrado a Cuba en 1922. Trátase dunha construción de planta rectangular na que destaca a súa fachada principal e un miradoiro de seis corpos no lateral esquerdo.. 

Data de construción: 1922

Estilo arquitectónico: Autóctono.

Esta vivenda foi construída por Vicente García, emigrante en Cuba, no ano 1922. O encargado de realizar as obras foi Luís de Elvira, quen casaría ademais cunha das fillas do promotor.

A idea orixinal era destinar parte da construción a tenda e de acordo a isto fíxose a distribución da casa, aínda que a tenda nunca chegou a abrirse.

O inmoble é unha construción de planta rectangular que hoxe en día está dividida en dúas vivendas. Na fachada principal destacan as portas e xanelas con elementos de granito, no lateral esquerdo chama a atención o miradoiro de seis corpos e na fachada posterior a galería construída sobre ménsulas de granito.