Carballido

 
Espazo natural

A parte norte desta ZEC esténdese polas fragas de Reigadas e de San Xes nas ladeiras dos ríos de Reigadas e do Bidueiro. A área, cuberta por bosques autóctonos atlánticos aínda constitúe unha das máis grandes de Galicia, acadando unha notable diversidade florística e faunística, cunha singular presenza de especies de montaña pouco comúns que nestes abrigados vales alcanzan baixas altitudes.

Este espazo natural está protexido pola Rede Natura 2000 como Zona de Especial Conservación.

Predominan as fragas mixtas de carballos cunha alta diversidade de árbores e arbustos e onde destacan pola súa posición bioxeográfica e a súa relativa rareza o capudre, o olmo de montaña, o carballo albar e o teixo. Nas zonas altas os bosques de bidueiros forman mosaico con prados, áreas cultivadas e matogueiras de toxos, uces e xestas.

O bosque de ribeira flanquea as marxes dos ríos e nas zonas máis temperadas e protexidas acolle o ameazado fento de botón.

Destaca a presenza da lesma galaico-irlandesa e da vacaloura así como a da ameazada: píntega rabilonga, o lagarto das silveiras a lagarta da serra. Ademais conta con presenza estable de lobo e incursións esporádicas do ameazado e escaso oso pardo procedente das veciñas montañas asturianas.