Escapada A Mariña Oriental
Concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, A Pontenova, Riotorto.
A Mariña Oriental é a subzona da nosa comarca que ocupa desde o mar Cantábrico ao norte -entre a ría de Ribadeo ata a ría de Foz- e ao interior do ferro. Entre o espazo natural Praia das Catedrais as casas indianas, as antigas minas da Pontenova e as forxas de Riotorto, o mar e os oficios repártense o protagonismo.
