Xove, A Mariña latexa contigo
Goza coñecendo os encantos de Xove da man espontánea e sinceira dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.
–"A costa de Xove , salvaxe, impresionante"
- "Hai unha paleta de cor verde azul que formaría parte de calquera paleta dun pintor avezado"
– "Temos cabalos, praias, temos rutas, sendeiros"
– "Se viñese alguén a Xove por primeira vez levariaos a Morás”
– "En Faro de Roncadoiro veríamos un dos atardeceres máis bonitos da Mariña"
– "O Pao da Vella. O Cruceiro más antigo de Galicia"
- "A xente é sencilla, acolledora e amable"
– "O Sendeiro da costa, desde Morás ata a Praia de Esteiro"
– "A Ruta dos muiños, polo río arriba ten un paseo excepcional con árbores autóctonos"
– "A zona do Portiño onde está a área etnográfica"....
"O mellor de Xove é a Xente"
Se queres aportar tamén a túa visión de Xove, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO
GRAZAS por formar parte!