Ribadeo, A Mariña latexa contigo
Goza coñecendo os encantos de Ribadeo da man espontánea e sincera dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.
– "Ribadeo: patrimonio, natureza e festivais que invitan a descubrir cada recuncho"
–"Debería visitarse a zona do porto, o Cargadoiro e a Illa Pancha."
– "Ribadeo ten unha costa espectacular, chea de calas dignas de ver."
– "Recoméndase o faro de Illa Pancha, o pobo de Rinlo e a capela da Nosa Señora das Virtudes na Ponte, que quedou preciosa despois da súa restauración."
– "A ruta das Aceas, que percorre a ría ata os muíños, ofrece vistas fabulosas e un paseo inesquecible."
– "A cascada de Lexoso, no interior do concello, é un recuncho menos coñecido pero impresionante, ideal para conservar e dar a coñecer."
– "As celebracións como a Festa das Cruces, os festivais Vendaval e Xara, ou a Festa do Percebe son imprescindibles para coñecer a cultura e tradicións locais."
"O mellor de Ribadeo é a Xente"
Se ti tamén queres aportar a túa visión de Ribadeo, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO
GRAZAS por formar parte!