Ourol, A Mariña latexa contigo
Goza coñecendo os encantos de Ourol da man espontánea e sincera dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.
–"Ourol: natureza, patrimonio e a xente como alma do concello"
– "O entorno natural é marabilloso, con vida de interior de montaña e preto da costa."
– "A fervenza do río Xestosa é unha auténtica marabilla natural e un dos grandes tesouros da zona."
– "As casas indianas e modernistas construídas pola xente que veu de Cuba son un exemplo único do noso patrimonio arquitectónico."
– "Os cemiterios indianos, coas súas esculturas en pedra, gardan historias fascinantes e resultan impresionantes de ver."
– "Destacan tamén as paisaxes da serra de Sabucedo e as fermosas beiras do río Solo, que invitan a pasear e desconectar."
– "Non se pode esquecer o patrimonio inmaterial: a riqueza de falar coa xente maior e coñecer as súas historias."
O mellor de Ourol é a xente"
Se ti tamén queres aportar a túa visión de Ourol, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO
GRAZAS por formar parte!