O Vicedo, A Mariña latexa contigo
Goza coñecendo os encantos do Vicedo da man espontánea e sincera dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.
–“O Vicedo é un lugar para relaxarse e respirar o aire do mar. É un rincón espectacular para desestresarte desta voráxine.”
–“Punta Maceira é un punto único desde onde se ve a Illa Coelleira e o Fuciño do Porco. A unión entre o mar e o ceo é impresionante.”
–“A praia de San Román destaca pola súa naturalidade. Cada día descóbrese unha paisaxe distinta.”
–“O Fuciño do Porco converteuse no símbolo do Vicedo.”
–“As praias, como Xilloi e Abrela, destacan pola súa beleza e a Bandeira azul que as avala.”
–“O miradoiro de Muronovo ofrece vistas únicas da desembocadura do río Sor, o Cabo de Bares e a Illa de San Martiño.”
"O mellor do Vicedo é a Xente"
Se ti tamén queres aportar a túa visión do Vicedo, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO
GRAZAS por formar parte!